O secretario de organización do PSdeG destaca a forza do partido gracias ao traballo de Formoso creando un proxecto colectivo para ser alternativa a un PP en “fin de ciclo” político
3 de abril de 2023. O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage, resaltou este luns que o seu partido está reforzado logo do “espaldarazo” que reribiron cos últimos nomeamentos do goberno central cos que os socialistas galegos gañaron peso no executivo central.
Despois dunha semana con diversos cambios na estrutura do goberno de España, con José Miñones como ministro de Sanidade e José Ramón Gómez Besteiro substituíndoo na Delegación do goberno en Galicia, o responsable de organización do PSdeG cre que o partido está “máis reforzado” e “en mellores condicións” do que estaban con anterioridade.
Os socialistas galegos ven de forma “moi positiva” as decisións tomadas polo presidente Pedro Sánchez. Consideran que lles da un “espaldarazo”, dándolle a Galicia “mais peso no goberno de España”.
Ademais, Lage subliña que, máis dun ano despois de asumir a dirección, están “en boas condicións de saír a competir polas municipais”. Así como que son a formación política en mellor posición para “presentar unha alternativa” a un PP que ve “nun fin de ciclo”, debido a que teñen un “proxecto esgotado” e a Rueda como un “subalterno de Feijóo”.
Incidiu en que toda esta mellora ven da man dun secretario xeral, Valentín González Formoso, do que destaca que “dirixe o partido con intelixencia e sabedoría”, especialmente á hora crear “un proxecto colectivo” pensado “para a maioría social de Galicia”.
José Manuel Lage tamén amosou a súa alegría pola volta de Besteiro á primeira liña política, que este mesmo luns será investido Delegado do goberno na comunidade autónoma galega. Destacou del que é un compañeiro “con gran capacidade, formación e experiencia”, pero sobre todo “unha persoa comprometida co país, con Galicia”.