Agarda que a Xunta dea a sorpresa e cumpra por unha vez os acordos da Cámara autonómica
O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, acadou hoxe o acordo unánime do Parlamento de Galicia á súa proposición non de lei para pedirlle á Xunta que garanta o cumprimento dos acordos adoptados nas diferentes mesas de diálogo abertas para resolver o conflito da mexilla.
A iniciativa recibiu o visto e prace de todos os grupos esta mañá na Comisión 8ª, onde Torrado expresou o seu desexo de que a aprobación por parte do PP non se enmarque na estratexia que sigue habitualmente de votar a favor para evitar un problema, pero sen ningunha intención de cumprilo. “Iso non so significaría que están a alimentar un conflito con gasolina”, advertiu, “senón que ademais cospen sobre este Parlamento”. Nesta liña, incidiu en que agrada que a Xunta dea a soprpresa e cumpra por unha vez os acordos tomados na Cámara autonómica.
Coa aprobación unánime da proposición socialista, tamén se lle demanda ao goberno galego que faga o os informes e documentos científicos nos que se basea a decisión da Consellería de restrinxir a extracción deste produto nas costas galegas, así como os criterios obxectivos para o futuro.
Neste último aspecto, Julio Torrado alertou que os estudos que supostamente avalan a actual situación teñen entre 10 e 20 anos. Engadiu ademais que non existe constancia de que a Consellería de Pesca realizase recollida de mostras propias para a elaboración deses informes técnicos. Polo tanto, “aínda non sabemos se a día de hoxe hai un problema biolóxico real que estea suficientemente documentado, e “os que hai poderían estar resoltos se non se introducisen elementos de confrontación”, afirmou Torrado.
Neste senso, sinalou que “todo apunta a que o goberno toma decisións sobre a mexilla con cuestións que non están fundamentadas e ten máis que ver coa vontade de destruír o sector e de provocar enfrontamento que de ordenalo mellor”. “Introduciuse un elemento de conflito grave tras máis de 60 anos de convivencia entre bateeiros e percebeiros sen que existan razóns obxectivas coñecidas”, lamentou.
Por iso, na súa intervención, Julio Torrado pediulle á Xunta de Galicia que “adopte unha posición conciliadora” para resolver o conflito entre bateeiros e percebeiros pola extracción da mexilla. Nesta liña, Torrado demandoulle ao goberno galego diálogo, consenso e que se cumpran os acordos aos que se chegue co sector no canto de seguir alimentando este problema, o que provocará que siga a medrar.
“Non pode ser que a propia Consellería torpedee todos os acordos aos que se chega”, alertou, “porque cando se alimentan os conflitos con gasolina, incéndianse.” Nesa liña explicou que “vivimos unha situación na que dous grupos dentro do sector do mar atravesan un problema provocado por un terceiro que mira dende a barreira”.
Neste contexto, incidiu en que “temos un sector dividido por culpa da Xunta, con episodios constantes que se veñen repetindo de tensións con situación desagradable e agresivas, todas elas condenables”. Tras reiterar que “ao PSdeG non nos gusta ningún deses episodios violentos”, Torrado advertiu que a situación “vai in crescendo” e “camiño de que exista un episodio que non teña volta atrás”.
“Non é unha esaxeración”, puntualizou o deputado socialista, “pode pasar algo grave porque cando un entra a dinamitar o sistema de vida dun sector pon en tela de xuízo a súa capacidade de organizarse vitalmente” e, ao mesmo tempo, “dinamita calquera tipo de confianza nun goberno”.
Fronte a isto, Torrado avogou por un clima de “concesións mutuas, pero sen que se demonice a ningún sector e, se é necesario regular a extracción da mexilla co acordo de todos e con criterios científicos, biolóxicos e económicos fundamentados, transparentes e obxectivos”.
O ACORDO APROBADO HOXE
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a: