Sinala que Rueda só actuou como “valido electoral da campaña fracasada de Feijóo” e úrxelle a tomar decisións de mellora do sistema sanitarios
O portavoz de sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, destacou este mércores que a informe do Consello Económico e Social pon o foco sobre os “graves problemas de ineficiencia e xestión” na sanidade galega e reclamou á Xunta que aporte solucións.
O representante parlamentario dos socialistas para asuntos de sanidade, reaccionou ante a memoria do CES que foi entregada este mesmo mércores polo seu presidente. Na mesma, sinala que pon o foco en problemas da Galicia social e económica, pero de maneira específica tamén sinala o sistema sanitario como un grave problemas de ineficinecia e de xestión por parte do goberno galego”, apuntou
Torrado recordou que “iso o estamos afirmando dende hai moito tempo os socialistas, pero tamén os profesionais sanitarios e os usuarios”. Sorpréndelle que “agora súmanse cargos do propio PP”, como o caso do presidente do CES, Agustín Hernández, exconselleiro da Xunta no goberno de Feijóo.
Destacou que este informe do organismo fiscalizador apunta ás “agardas intolerables” como a de dous meses en neuroloxía ou saúde mental, así como “á necesidade de grandes solucións que resolvan o problema”. Julio Torrado insistiu en que “levamos dende hai anos propoñendo ao goberno galego solucións sobre a contratación de máis persoal que é a clave do sistema e de estabilizar ao persoal xa existente”.
Sen embargo, considera que o goberno galego négase a aceptar as súas propostas “porque o señor Rueda leva dende que é presidente funcionando como valido electoral da campaña fracasada do señor Feijóo”. “Necesitamos un goberno que se poña a tomar decisións xa e que resolva o problema, porque temos un sistema sanitario que o precisa”, engadiu o socialista.