Reclámalle a Pesca que responda á proposta de Plan de traballo enviada pola Confraría e que “cambie confrontación por colaboración” polo ben das mariscadoras
O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, reclamoulle hoxe á Xunta que deixe de confrontar e comece a colaborar apoiando ás mariscadoras da ría do Burgo mentres dura o proceso de recuperación da semente de bivalvos logo das obras de dragaxe. Abalde presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca do Parlamento para esixirlle á Xunta que asuma as súas competencias.
O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que asuma a súa parte logo das obras de dragaxe e retirada de residuos, que tiveron lugar entre finais de 2021 e comezos de 2024, nas que o goberno central dedicou 33 millóns de euros, ademais de máis de 3 millóns de euros para axudas ás traballadoras afectadas.
Esixiulle que se implique na axuda de ás case 100 familias que dependen do marisqueo para que poidan subsistir durante o período de entre 18 e 24 meses nos que dura a rexeneración dos bancos marisqueiros. Instou ao goberno galego a que “deixen de estar facendo oposición ao goberno central e se dediquen a traballar polos galegos e galegas, e buscando a colaboración co goberno centra”.
Abalde reclamoulle á directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, que respondeu á pregunta de hoxe, que responda á proposta de Plan de Traballo remitida pola Confraría da Coruña e mesmo suxeriu que “deixen de vir a sacar agravios comparativos” e asistan as xuntanzas convocadas polos mariñeiros e con os delegados do goberno central para coordinar as actuacións futuras.