Que é a identidade corporativa?
Son os elementos que fan resaltar a imaxe que identifica e distingue a unha empresa ou organización, como as marcas, logotipos, cores, etc.
Composición de marca
Está formada por 2 cadrados, o logotipo e o símbolo. O logotipo pode empregarse sen o símbolo, mentres que este aparecerá sempre xunto ao logotipo.
Cor corporativa
A identidade corporativa do PSdeG ten coma cor corporativa o vermello.
Cando a marca se reproduza nunha soa tinta substituirase o vermello polo 100{% desta. En ningún caso se empregará un tramado de tinta.
Cando as aplicacións se reproduzan en branco e negro, a marca empregarase ao 100% negro.
O espazo entre os cadros debe de ter a cor do fondo onde se aplica a marca.
Tipografía
A identidade corporativa ten como tipografía principal a Interstate, nas súas versións Light, Regula e Bold. Para outros textos, debe de empregarse a Univers, nas súas diferentes versións; polo cal, este será o tipo de letra que se empregue para o nome das Agrupacións Municipais, Comarcais, etc.
Descargas
Manual de Identidade Corporativa
Logotipos
Tipografías
Sintonías
Sintonía Galega
Sintonía Jazz
Sintonía Orquestal
Sintonía Rock
Sintonía Guitarra