I Congreso
Celebrouse en Santiago os días 26 e 27 de febreiro do 1977. Non se elixiu entón secretario xeral, e a executiva socialista quedou encabezada entón por Andrés Eguibar como secretario político e por Francisco Vázquez como secretario de Organizaciones.
Congreso extraordinario
Tivo lugar en Pontevedra o 6 de novembro de 1977 e o catedrático de Dereito Internacional Público Modesto Seara convírtese en secretario xeral.
II Congreso
O primeiro celebrado coas siglas PSdeG-PSOE. Foi en Santiago, entre o 20 e o 22 de xullo de 1979, e serviu para elixir como secretario xeral a Xosé Luís Rodríguez Pardo.
Eleccións autonómicas
Francisco Vázquez concorre como candidato á Xunta e obtén 16 deputados.
Congreso extraordinario
Os días 9 e 10 de agosto de 1980, en Vigo, foi elixido Francisco Vázquez como secretario xeral.
III Congreso
A reelección de Francisco Vázquez tivo lugar en Betanzos, entre os días 26 e 28 de febreiro de 1982.
Congreso extraordinario
O conclave do que saíu elixido Antonio Rodríguez celebrouse en Lugo o 20 de xuño de 1982.
Eleccións Xeráis
O Partido Socialista gaña as Eleccións Xerais. Felipe González será o terceiro presidente do goberno da democracia. Foi o 28 de outubro de 1982.
IV Congreso
Antolín Sánchez Presedo foi designado secretario xeral no congreso celebrado entre o 11 e o 13 de xaneiro de 1985 en Ourense.
Eleccións autonómicas
Fernando González Laxe é o cabeza de cartel. O PSdeG ascende a 22 deputados.
Primeiro presidente socialista
Fernando González Laxe accede ao cargo de presidente da Xunta de Galicia o 23 de setembro de 1987
V Congreso
A illa da Toxa acolleu a primeira reelección de Antolín Sánchez Presedo como secretario xeral. Foi entre os días 13 e 15 de maio de 1987.
Eleccións autonómicas
De novo Fernando González Laxe é o candidato socialista á Presidencia da Xunta. Nesa ocasión sube a 28 deputados.
VI Congreso
Antolín Sánchez Presedo é ratificado de novo como secretario xeral do PSdeG no congreso celebrado en Santiago do 8 ao 10 de outubro de 1991.
Eleccións autonómicas
O aspirante á Presidencia da Xunta foi Antolín Sánchez Presedo. O PSdeG obtivo 19 deputados.
VII Congreso
Os días 14 e 15 de maio de 1994 desenvolveuse en Santiago o congreso no que Francisco Vázquez volveu ser nomeado secretario xeral.
VIII Congreso
Francisco Vázquez revalidou o seu cargo entre os días 1 e 2 de marzo de 1997 no congreso que acolleu a cidade da Coruña.
Eleccións autonómicas
Con Abel Caballero nos carteis electorais, o PSdeG suma 15 deputados.
Congreso extraordinario
Emilio Pérez Touriño faise coa secretaría xeral do PSdeG no congreso de Ourense, celebrado o 10 de outubro de 1998.
IX Congreso
Santiago acolleu unha vez máis o congreso do PSdeG, entre o 6 e o 8 de outubro do ano 2000. Emilio Pérez Touriño sae reelixido secretario xeral.
Eleccións autonómicas
Emilio Pérez Touriño preséntase por primeira vez ás eleccións e suma 17 deputados.
Eleccións Xeráis
14 de marzo de 2004. Nova victoria electoral do Partido socialista nas eleccións xerais. José Luis Rodríguez Zapatero, quinto presidente do goberno da democracia.
X Congreso
Emilio Pérez Touriño revalida a secretaría xeral no conclave dos días 17 e 18 de xullo de 2004, en Santiago.
Eleccións autonómicas
Na segunda ocasión que concorre como candidato á Xunta, Emilio Pérez Touriño obtén 25 deputados.
Segundo presidente socialista
Emilio Pérez Touriño foi investido o 29 de xullo de 2005 como presidente da Xunta de Galicia.
Primeira muller presidenta do Parlamento
Dolores Villarino foi elexida presidenta do Parlamento o 18/07/2005, e converteuse na primeira muller en acceder ao posto.
XI Congreso
De novo o Congreso do PSdeG ratifica a Emilio Pérez Touriño como secretario xeral. Ocorreu en Santiago os días 26 e 27 de xullo de 2008.
Eleccións autonómicas
O PSdeG mantén a cifra de 25 deputados a terceira vez que Emilio Pérez Touriño se presenta ás eleccións como candidato.
Congreso extraordinario
O 25 de abril de 2009 celebrouse un congreso extraordinario, en Pontevedra, no que Manuel Vázquez foi proclamado secretario xeral.
XII Congreso
Manuel Vázquez, de novo elixido secretario xeral. Foi no conclave celebrado entre o 9 e o 11 de marzo de 2012.
IX Eleccións autonómicas
Manuel Vázquez sitúase no cartel do PSdeG e o partido obtén 18 deputados.
Congreso extraordinario
Celebrouse en Santiago o día 29 de setembro de 2013. José Ramón Gómez Besteiro, que ganara unhas primarias consultivas, é nomeado secretario xeral.
Eleccións autonómicas
O PSdeG colleita 14 deputados con Xoaquín Fernández Leiceaga como candidato á Xunta.
XIII Congreso
O PSdeG celebra as primeiras primarias para elexir ao seu secretario xeral: Gonzalo Caballero, que é ratificado os días 28 e 29 de outubro de 2017, en Santiago.
Presidencia do Goberno
1 de xuño de 2018. Pedro Sánchez Pérez-Castejón. Sétimo presidente do Goberno de España.