A presidenta do PSOE sinala que “es necesario un goberno progresista en Galicia para coordinar con el goberno de España la puesta en marcha de un escudo protector que no deje a nadie atrás”
Santiago, 24 de maio de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe un encontro virtual coa militancia socialista de Galicia no que participou tamén a presidenta do PSOE, Cristina Narbona. “Hoxe poñemos a primeira pedra para dar a Galicia un goberno que traballe a carón da xente. Os socialistas somos o motor de cambio para dar a Galicia unha saída da crise que protexa ás persoas”.
“Agora que freamos a curva de contaxios, temos que reforzar as políticas sociais e construír unha auténtica política económica que permita frear tamén a curva da desigualdade”, enfatizou Gonzalo Caballero na xuntanza. O secretario xeral sinalou que chamou os 10.000 militantes do PSdeG serán “un exército disposto a traballar polo cambio” en Galicia.
E é que, como sinalou o líder dos socialistas galegos, a saída desta crise hai que facela “pola esquerda”, dende o compromiso co público para dar protección á cidadanía. Así o está facendo, recordou, o goberno liderado por Pedro Sánchez, que está dando apoio aos autónomos, aos asalariados, á poboación máis vulnerable…
Precisamente por iso, Gonzalo Caballero puxo sobre a mesa as medidas que o PSdeG formulou á Xunta durante a crise da covid-19, encamiñadas a mellorar os cadros de persoal da sanidade e dos servizos sociais en Galicia ou a dar apoio aos autónomos e ao sector cultural, entre outras accións, sen que o goberno de Feijóo quixera asumilas.
Fronte a esa “inacción” da Xunta, o máximo dirixente do PSdeG chamou a “cargar as pilas” para dar a Galicia “un goberno ao servizo do país”, fronte á opción que representa “unha dereita que perdeu a responsabilidade e que está en liña coa ultradereita” tanto en Galicia como en España. “Somos a garantía do progreso e da tolerancia fronte ás caravanas da irresponsabilidade”, recalcou.
“UN GOBIERNO QUE NO DEJE A NADIE ATRÁS”
Pola súa banda, a presidenta do PSOE sinalou que “es necesario un goberno progresista en Galicia para coordinar con el goberno de España la puesta en marcha de un escudo protector que no deje a nadie atrás”.
“Hoy más que nunca”, afondou Cristina Narbona, “tenemos que defender lo público” nos eidos da sanidade, da dependencia, da educación ou da investigación para “atender mejor las necesidades” da cidadanía.
É, como dixo a dirixente socialista, o que está facendo o goberno de España, porque esta crise “no pueden pagarla los de siempre”.
Así mesmo, Cristina Narbona puxo de manifesto que desta crise tamén hai que saír “entendendo a importancia do respecto polo medio” e “adaptando as políticas aos novos retos climáticos e da biodiversidade”.