O secretario xeral do PSdeG insta a Feijóo “a que deixe de estar de vacacións” e ofreza “seguridade xurídica, axudas económicas e un plan de futuro para afrontar un verán que é moi importante para a reactivación”
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, vén de urxir á Xunta un plan de axudas para a hostalaría trala redución de aforos e despois de que o TSXG “tumbase” o requisito do certificado covid para acceder ao interior dos locais.
“Cómpre que o goberno da Xunta deixe de estar de vacacións e adopte un plan de axudas para a hostalaría galega”, subliñou o máximo dirixente das e dos socialistas galegos logo de incidir en que o sector se atopa “nunha situación de enormes dificultades económicas e non pode permitirse perder as posibilidades que dá o verán”.
Ao fío disto, Gonzalo Caballero destacou que a hostalaría “necesita” un goberno da Xunta “que lles dea seguridade xurídica, axudas económicas e un plan de futuro para afrontar un verán que é moi importante para a súa reactivación”.
Así, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos lamentou que Galicia teña un “goberno de chapuza, que se saltou os dereitos fundamentais da cidadanía sen pedir autorización xudicial e agora deixou nun limbo de indefinición o plan reactivación para a hostalería”.