O portavoz da delegación galega reivindica ao Partido Socialista como unha “garantía para a xente” fronte ao “risco” e “ameaza” da dereita e da ultradereita
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu hoxe ao Congreso Federal do PSOE de Valencia e, dende alí, trasladou todo o apoio dos e das socialistas galegas ao proxecto socialista federal encabezado por Pedro Sánchez e ao goberno de España.
“Hai catro anos o Congreso Federal colocou a Pedro Sánchez como secretario xeral para liderar unha etapa de esquerdas e de progreso que nos permitiu volver ser a primeira forza política en España e gobernar o noso país”, destacou o responsable socialista.
Agora, sinalou, “neste Congreso Federal todos as e os socialistas galegos respaldamos o proxecto que goberna España porque queremos seguir avanzando pola esquerda e non retroceder” nun momento no que “a dereita e a ultradereita son un risco e unha ameaza” para o noso país.
Fronte a isto, Gonzalo Caballero reivindicou ao Partido Socialista como “a garantía para a xente” ante os riscos de desigualdades. Así, incidiu, “as e os socialistas sempre loitamos e loitaremos pola defensa dos dereitos das persoas” co obxectivo de que “ninguén quede atrás”.
Por último, o dirixente socialista subliñou a importancia de “loitar pola igualdade de oportunidades e a xustiza social” cando nos atopamos cun “gran risco de exclusión social” derivado da crise da covid.