O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, trasladou hoxe unha mensaxe de “apoio” e “solidariedade” ás vítimas e aos feridos, así como ás súas familias, na explosión que tivo lugar en Tui o mércores.
Do mesmo xeito, o líder dos socialistas galegos quixo ter palabras para todo o persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado e dos servizos de emerxencias que está traballando sobre o terreo dende onte.
Máis adiante, proseguiu Gonzalo Caballero, tocará “reflexionar” sobre o ocorrido, para analizar “as causas” da catástrofe e “as responsabilidades” que se deriven dela.
Xunto con isto, o secretario xeral recalcou a importancia da “seguridade”, polo que chamou a tomar medidas para que “non poida existir ningún tipo de depósito, legal ou ilegal, que poida xerar riscos para os cidadáns”.