O ministro de Cultura reivindica “el empeño” do goberno socialista por “reequilibrar la situación” despois de que a dereita fixera pagar a crise “a la clase media y trabajadora”
Ourense, 23 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Ourense co ministro de Cultura, José Guirao, para arroupar a Rafael Rodríguez Villarino e conseguir que o vindeiro domingo a lista que encabeza conte co apoio maioritario da veciñanza desta cidade.
Dende alí, Gonzalo Caballero pediu “unha mobilización masiva dos progresistas” para acudir o domingo a votar pensando en que “Galicia necesita futuro” e en que “o único voto útil e de progreso é ao Partido Socialista”.
“A dereita e a ultradereita van tentar facer destas eleccións unha segunda volta, para gañar o que non gañaron nas xerais”, advertiu o líder dos socialistas galegos, consciente de que un pacto destas características implica graves “riscos” para o futuro.
Dito isto, Gonzalo Caballero augurou que o PP terá en Ourense “o maior pinchazo” nestas eleccións tras catro anos do único alcalde popular nunha cidade galega que foron “o maior desastre de xestión”, posto que nin sequera foi quen de aprobar uns sós orzamentos no mandato.
“SOMOS IMPARABLES”
“Foi tal a incapacidade que ata acabaron divididos, cunha escisión en Ciudadanos”, sinalou sobre a marcha de quen foi o número dous do alcalde, ao tempo que ironizou coa decisión do rexedor de “poñer a Feijóo nos carteis” pese a que “non fixo nada” pola cidade, e co “desnorte” de Feijóo por traer a Casado a facer campaña.
Así é que o secretario xeral do PSdeG chamou a unificar o voto en torno á candidatura de Rafael Rodríguez Villarino, para darlle “unha maioría ampla e sólida” que lle permita “ter autonomía” para desenvolver o seu proxecto de cidade e darlle “futuro”. “Se nos mobilizamos, somos imparables”, recalcou.
Pola súa banda, Rafael Rodríguez Villarino denunciou que en Ourense “temos un alcalde que non defendeu a esta cidade”, e animou a votar ao PSOE “polo cambio e pola democracia” porque “non vexo outra alternativa polo ben da cidade e a provincia, ante un caciquismo feroz”.
“O caciquismo e o clientelismo de Baltar na provincia e o desleixo de Jesús Vázquez coa cidade cambiarán se somos quen de demostrarlle á sociedade que os socialistas somos referentes”, concluíu o candidato do PSdeG á alcaldía.
“TENEMOS QUE PARARLOS”
A maiores, o ministro de Cultura, José Guirao, chamou a votar o próximo domingo para esquivar o risco de retroceso que entrañan as dereitas e os seus pactos coa ultradereita. “Tenemos que pararlos”, remarcou, consciente dos “ataques” que a súa chegada ao poder suporía para as mulleres e para a diversidad.
Ademais, non esqueceu o ministro que “la salida de la crisis que conformó el PP” supuxo que “los que ya estaban mejor situados, salieron con más de lo que tenían”, mentres as clases medias e traballadoras foron a quen “se les hizo pagar la crisis”.
De aí, explicou, o “empeño” do goberno de Pedro Sánchez en “reequilibrar la situación y devolver los derechos perdidos”. “Trabajamos para acabar con la pobreza infantil, para recuperar o carácter universal da sanidade…”, enumerou, consciente de que o triunfo do pasado 28 de abril ten que ver coa atención do goberno ás políticas sociais.
E, en clave local, José Guirao animou a convencer á veciñanza de Ourense para votar ao Partido Socialista e así conseguir que “la política llegue a todos” a través de medidas de atención aos problemas da cidadanñía
AXENDA INTENSA
O ministro de Cultura mantivo hoxe en Galicia unha intensa axenda de campaña, que o levou a comezar o día en Ponteareas, visitando o castro de Troña en compañía do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e da candidata á alcaldía, Chus Garrote.
A continuación, José Guirao e Gonzalo Caballero desprazáronse ata Ribadavia para participar nun xantar co alcalde, Nacho Gómez, cos membros da súa candidatura e diversos cargos socialistas como a deputada no Congreso Marina Ortega e o senador Juan Carlos Francisco Rivera.
Tamén tiveron ocasión de percorrer o Museo dos Mercedarios de Verín da man do alcalde, Gerardo Seoane, antes de viaxar a Xinzo, xunto coa candidata, Elvira Lama, e a súa equipa.