O candidato socialista sinala que “quero presidir Galicia para reconstruír o país loitando contra a desigualdade, pola defensa dos servizos públicos e do emprego de calidade”
Ábalos destacou de Caballero que “encarna los valores socialistas que nos han hecho salir adelante, la ambición y el hambre de una Galicia que no se confoma con quedarse en una esquina”
Vigo, 10 de xullo de 2020. O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe que “este domingo nos xogamos o futuro de Galicia, e por iso necesitamos o voto útil dos galegos e das galegas para darlle un cambio positivo a Galicia”. Así o dixo no mitin de peche de campaña, ante 920 persoas no Parque de Castrelos de Vigo.
Caballero rematou na súa cidade chamando á participación dos galegos e das galegas para que “non quede un voto na casa” e garantir unha saída social á crise “sen que ninguén quede atrás”. Contrastou así a defensa dos servizos públicos da socialdemocracia coas “receitas de recortes e privatizacións, austeridade, desigualdade e do deixar as persoas na cuneta” que aplicou o PP a partir de 2011.
Dixo que “quero presidir Galicia para construír país loitando contra a desigualdade, a defensa dos servizos públicos, a educación pública e a atención aos maiores” dende un proxecto “dun partido cun compoñente galeguista, de compromiso reformista e o ideario da socialdemocracia europea”.
Amosouse “orgulloso do PSdeG”. “Eu non me avergoño do que son eu nin da miña organización, porque vimos a servir a Galicia”, subliñou en alusión á desaparición das siglas do PP dos carteis electorais de Feijóo. Engadiu que “eu podo amosar fotos da miña traxectoria persoal e académica antes da política, cada un que amose o que ten detrás da súa historia”.
O candidato socialista defendeu un “proxecto aberto, para abrir as fiestras da Xunta, porque é a hora da rexeneración, da dignidade da política, da ética e dos servizos públicos con maiúsculas”. Sinalou que “desta crise hai que saír con políticas para a xente, como está demostrando o goberno de España” na xestión da crise “sen deixar a ninguén atrás”.
Así o dixo nunha intervención, na que desgranou as propostas de goberno en materia de sanidade -5.000 contratos estables-, educación –ordenadores para os escolares, libros de texto e primeiras matrículas dos universitarios gratuítos-, para maiores -2.000 prazas en residencias públicas- e de impulso económico –acordo de país para mobilizar 2.500 millóns para o desenvolvemento económico e o emprego de calidade-.
Gonzalo Caballero dixo que “Galicia é un gran país” e esixiu “falar de Galicia con dignidade, con transparencia, non patrimonializar Galicia, que non é do PP nin de Feijóo, porque é dos galegos e das galegas, é vosa, é nosa, e por Galicia traballamos”. Pediu aos asistentes que o domingo “vos poñades en pé e traballemos por unha Galicia mellor”, que inicie “o camiño da modernidade, dunha Galicia emprendedora e vangardista”.
Comprometeu “todo o meu coñecemento e capacidade para liderar a reconstrución económica e social do noso país pensando na xente, nunha Galicia que necesita impulso e dinamismo”. Contrapuxo este proxecto “cun Feijóo que pasou a ser parte do problema e non da solución, que non deu unha soa solución en 11 anos e se dedicou á política da deslealdade e da confrontación”.
Sinalou que “se pido que sinaledes tres decisións importantes da Xunta, pensaredes nos recortes sanitarios, na privatización das residencias, dos problemas do ensino ou dos centros de día e os recortes continuos”. Sinalou que o PP “esqueceu ás cidades galegas, e non se pode gobernar a Xunta contra cidades como Vigo, A Coruña, Ferrol ou Santiago”.
Por iso chamou ao voto para “manternos en pé fronte aos ataques da dereita e a ultradereita”, que “están dispostas a gobernar xuntas se os números lles dan”, e engadiu que “somos máis, temos forza, temos as mellores ideas, e voume erguer como tódolos días para traballar por unha Galicia mellor, de dignidade, de ética e rexeneración”.
“UNA GALICIA QUE NO SE CONFORMA”
O secretario de Organización do PSOE e ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, acompañou a Caballero no mitin de peche de campaña, no que sinalou que o candidato socialista “encarna los valores socialistas que nos han hecho salir adelante, la ambición y el hambre de una Galicia que no se confoma con quedarse en una esquina”.
Criticou a xestión dun Feijóo que “no se sabe de dónde viene ni a dónde va, que solo tiene una característica: eludir toda responsabilidad” como fixo no estado de alarma e pasou de “señalar al Gobierno de la nación a señalar a los alcaldes”. Criticou do mesmo xeito que “cuando hay una industria que no funciona, la culpa es de quien sea, menos suya, y todos los demás son desleales”.
Preguntou se é posible “liderar no comprometiéndote ni con tu partido” e explicou que así o fai porque “encarna la suma de todas las derechas, del PP, de Ciudadanos y también de Vox”. As mesmas dereitas, dixo, que “pretenden conseguir réditos electorales a base del sufrimiento de la gente” e por iso lle retiraron o apoio ao goberno en plena pandemia, cando a xente máis o precisaba.
COMOROMISO CON VIGO
O alcalde de Vigo, Abel Caballero interveu tamén para sinalar que “necesitamos un nuevo presidente que haga del trabajo, de la cercanía a la gente y a los municipios su forma de gobernar sin distinguir colores políticos”. Pediu o apoio para un goberno presidido por Caballero que coincida no tempo con Sánchez en Madrid, Carmela Silva na Deputación e el mesmo na alcaldía da cidade.
Reivindicou un cambio á xestión dun presidente da Xunta que fixo á cidade “soportar durante años la oposición feroz de Feijóo que intentaba que Vigo no creciera, no se desarrollara y no tuviera infraestructuras”. E así foi, dixo, ata que chegou Sánchez ao goberno central e desbloqueou a chegada do AVE, o túnel a Porriño ou o compromiso de facer unha Biblioteca do Estado en Vigo.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reivindicou “a forza que nos da esta terra que ten oportunidades pero precisa de liderado, e levamos 11 anos cun presidente incapaz de crear nada para Galicia”.
Silva interveu logo da candidata Noelia Otero, que iniciou o mitin reclamando apoio para un proxecto socialista que consiga retornar aos milleiros de galegos que tiveron que marchar pola falla de oportunidades dun goberno que destruíu 70.000 postos de traballo.