O secretario xeral pide á Xunta “poñer o foco nas residencias de maiores e discapacidade con máis de 300 contaxios” e “fortalecer a sanidade pública”
Santiago, 30 de marzo de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, manifestou hoxe o seu apoio á decisión do goberno de España de afondar no confinamento para loitar contra a propagación do coronavirus.
“Acerta cando prioriza a saúde e paraliza toda a actividade económica non esencial durante dúas semanas”, razonou o líder dos socialistas galegos, quen avanzou que veñen por diante “semanas moi complicadas” porque o sistema sanitario “estará ao límite”.
Así pois, Gonzalo Caballero chamou á Xunta a “traballar con lealdade” a carón do goberno, “reforzando as medidas de protección da cidadanía e dos traballadores, que están atravesando situacións moi complexas” como consecuencia da pandemia.
Ademais, subliñou que “en Galicia temos que poñer o foco nas residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional”, nas que hai máis de 300 contaxios, e en “fortalecer a sanidade pública”, a fin de “contribuír entre todos na saída do túnel”.