O secretario xeral censura que o presidente preferise “poñerse a disposición de Casado e os seus pactos coa ultradereita” no canto de escoitar o clamor da rúa en Galicia
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, secundou hoxe unha nova mobilización nas rúas con motivo do “retroceso” que o PP desde a Xunta está inflixindo á sanidade pública.
“Os galegos e as galegas dicimos non a Feijóo e á súa política sanitaria”, remarcou o líder do PSdeG, quen reprobou que Feijóo optase por “poñerse a disposición de Casado e dos seus pactos coa ultradereita” acudindo á manifestación de Madrid no canto de “atender as necesidades de Galicia”.
Como sinalou Gonzalo Caballero, a cidadanía de Galicia está pedindo á Xunta “unha sanidade pública, gratuíta e de calidade”, así como a fin da “privatización” e do “deterioro” que está sufrindo o sistema sanitario, que se suma á “precarización laboral” dos seus profesionais.
“Hai que cambiar a política sanitaria do PP”, incidiu o máximo representante do PSdeG, quen observou como Feijóo está sendo “censurado” polas súas “políticas fracasadas” no eido da sanidade pública.