Santiago, 16 de xullo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a Feijóo a exercer as súas competencias en materia industrial propoñendo unha ubicación alternativa para a planta de Ence en Lourizán.
Así o dixo logo de coñecer a sentencia da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión concedida a Ence por Mariano Rajoy “en tempo de desconto”.
Gonzalo Caballero sinalou que respectamos a decisión xudicial, que amosa a actuación fóra da lei do goberno do PP de Rajoy e lembran que a posición dos e das socialistas e a de situar a Ence noutra ubicación fóra da ría de Pontevedra.
“Feijóo ten que buscar mecanismos que permitan manter o emprego en Galicia”, recalcou o líder socialista, quen subliñou que “Feijóo perdeu o tempo sen anticiparse” á decisión xudicial.