O secretario xeral do PSdeG visita a parroquia de Cans, no concello do Porriño, durante a celebración do seu “emblemático” festival
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe o Festival de Cans, xunto á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre; ás deputadas socialistas Noelia Otero e Leticia Gallego; así como outros representantes do partido.
Dende alí, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos trasladou o seu apoio ao “emblemático” festival de curtametraxes que anualmente se celebra na parroquia de O Porriño e loou o traballo desenvolvido pola organización e veciñanza no desenvolvemento do evento.
“O Festival de Cans é un exemplo do talento e da calidade do sector audiovisual de Galicia, que ten un enorme calado e recoñecemento a nivel nacional e internacional”, reivindicou o líder do PSdeG quen aproveitou a súa visita para felicitar persoalmente ao director Jorge Coira que este ano recibiu o Premio Pedigrí 2021 por parte do xurado.
Por último, o líder do PSdeG pediu á Xunta “avanzar cara o 1% do gasto público do orzamento galego no sector cultural galego”, xa que “é imprescindible impulsar tamén o sector cultural galego para conseguir a reactivación económica e social de Galicia”.