O secretario xeral pide a Feijóo que “teña responsabilidade” e “deixe de xerar problemas nos últimos meses que lle que quedan á fronte da Xunta”
Santiago, 17 de xaneiro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe os resultados da última enquisa do CIS en Galicia, que sitúa ao PSdeG como primeira forza, cun 22.4% dos votos, algo que xa ocorreu por primeira vez na historia en 2019.
De feito, o líder dos socialistas galegos sinalou que “as enquisas xa nos daban moi ben en 2019 e acadamos uns resultados históricos en Galicia” tanto nas xerais como nas municipais e nas europeas, e “en 2020 imos a por máis”.
“Acadamos un novo tempo político en Galicia o ano pasado e seguimos en condicións de ser primeira forza política este ano”, recalcou Gonzalo Caballero, consciente de que os datos sitúan ao PSdeG no liderado dunha maioría social progresista “para posibilitar un cambio na Xunta”.
Neste escenario, o máximo dirixente do PSdeG pediu a Feijóo que “teña responsabilidade” e “deixe de xerar problemas nos últimos meses que lle quedan á fronte da Xunta e que actúe con lealdade”.