O secretario xeral cre que Galicia “merece algo máis” que un presidente que puxo “en cuestión” a sanidade e que tratou de “aniquilar” a folga do 8M segundo o propio TXSG
O líder dos socialistas galegos reprocha á dereita que ataque ao goberno de progreso con “cuestións persoais, e sacadas de contexto” e reta a Feijóo a “mirarse no espello das súas”
O Porriño, 30 de setembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, clausurou hoxe a Festa da Rosa da provincia de Pontevedra para poñer en valor os avances postos en marcha nos primeiros 100 días de goberno de Pedro Sánchez e para deixar claro que tamén o progreso chegará á nosa comunidade.
Precisamente á “forza” coa que os socialistas estamos tomando medidas para mellorar a calidade de vida dos máis desfavorecidos, como a suba das bolsas e das pensións, ou a supresión do copago farmacéutico, atribuíu Gonzalo Caballero “a campaña de acoso e derribo” emprendida pola dereita. “Séntanlle mal os avances”, ironizou.
Así é que, ante a súa caída electoral, como reprobou o líder dos socialistas galegos, non dubidan en “utilizar gravacións ilegais, difamacións ou cuestións persoais sacadas de contexto”. “Se queren falar de cuestións persoais, Feijóo pode mirarse no espello das súas”, advertiu, en presenza da vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra.
Fronte a ese xeito de actuar en política, Gonzalo Caballero destacou fitos como a recuperación da sanidade universal para reivindicar o “orgullo” dos gobernos socialistas. “Este partido ten forza, ten vida, ten ganas e non lle temos medo á dereita, nin no electoral nin ás súas difamacións”, recalcou.
Neste punto, despois de anticipar “unha campaña continua de golpeo ao goberno de España” por parte da dereita, formulou ás demais forzas políticas que só existen dúas opcións: “ou se está co goberno socialista, ou se lle fai o xogo ao PP e á dereita”.
“AIRE FRESCO”
Máis alá diso, na liña de poñer en valor os avances impulsados por Felipe González, José Luis Rodríguez Zapatero e Pedro Sánchez non se esqueceu o secretario xeral dos socialistas galegos da labor de Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño á fronte da Xunta, con medidas como a gratuidade dos libros de texto.
Con ese legado, e “o impulso da militancia” a “un PSdeG renovado e revitalizado”, Feijóo sabe xa “que as enquisas non lle dan” e que perdería a maioría absoluta se hoxe houbese eleccións autonómicas. “O PSdeG lideraría un cambio de esquerdas e daría aire fresco á nosa comunidade”, asegurou Gonzalo Caballero.
E é que, segundo dixo, os galegos “non se van resignar” e manter a Feijóo, “un funambulista político” e “artífice do marketing” que deixa en Galicia “peores servizos públicos e menos posibilidades de futuro”. A modo de exemplo, referiu os “graves problemas” que deixa na sanidade pública, aos que agora se engaden as dificultades xeradas na privada.
“O cinismo político do PP vaise topar cunha labazada de realismo”, concluíu Gonzalo Caballero, facendo alusión a como o suposto apoio de Feijóo á folga feminista do 8 de marzo quedou desmontado por unha sentenza do TSXG que sinala que a Xunta quixo “aniquilar” esa convocatoria cuns servizos mínimos esaxerados.
“Feijóo xa non ten credibilidade”, engadiu o máximo dirixente do PSdeG, quen fixo fincapé en que “a imaxe de bo xestor que venderon de Feijóo non se verifica” cos seus feitos. “Galicia necesita algo máis”, sostivo, antes de augurar que o PSOE será a primeira forza nas vindeiras eleccións municipais.
“QUE TEMBLE FEIJÓO”
E se prognosticou que Carmela Silva volverá ser presidenta da Deputación de Pontevedra, aínda con mellores datos, como ocorrerá en Vigo con Abel Caballero e no Porriño con Eva García de la Torre, foi a propia Carmela Silva quen afirmou: “Que treman Feijóo e Rueda, porque o seu tempo estase acabando e Gonzalo Caballero vai ser a garantía do cambio que necesitamos en Galicia”.
A maiores, puxo en valor a aposta pola “igualdade” dos socialistas, tanto nos dereitos de todos como entre homes e mulleres. “Temos o proxecto que necesita a xente”, proclamou, “orgullosa e feliz” polo traballo que está desenvolvendo Pedro Sánchez en España.
Tamén David Regades, o secretario provincial do PSOE de Pontevedra, apreciou que “Rueda e Feijóo andan nerviosos, todo o día insultando”, pero deixou claro que “non nos van asustar” senón que a resposta será “dicirlles como se fan as cousas”. “Sen corrupción, sen falla de transparencia, falando coa xente”, finalizou.
“EL PSOE VENCE Y CONVENCE”
Pola súa banda, a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, advertiu á dereita de que “la mayoría social de este país está detrás de este gobierno y este partido y, cuando lleguen las elecciones municipales, autonómicas y generales vais a ser conscientes de cuánto daño estáis haciendo a este país”.
“Hernández y Fernández, Casado y Rivera, están instalados en las cloacas”, agregou, antes de dirixirse aos compañeiros: “Os voy a pedir que no me digáis más ni a mí ni a nadie de este partido… ¿qué es eso de que hay que resistir, que hay que aguantar? este partido ni resiste ni aguanta, este partido vence y convence como lo estamos haciendo” y se volverá a demostrar en las próximas citas electorales, con “urnas llenas de papeletas con el puño y la rosa”.
Ademais, acusou ás dereitas de “intentar paralizar” o país “a lomos de la basura mediática y política porque ¿alguien pensaba que nos iba a salir gratis echar la corrupción del poder?”. “La derecha piensa que el poder es suyo por designio divino y no entienden que los hijos de los trabajadores lleguen al gobierno”. “Os echamos del gobierno por corrupción, pero también por convertir la política en un lodazal, por quitar derechos a los trabajadores, por la ley mordaza, por tratar con deshonor a los pensionistas. Os echamos por la corrupción, sí, pero os echamos por los pensionistas, las mujeres, los trabajadores, por todos ellos os echamos”, sentenciou.
Por último, Lastra explicou que mentres o goberno de Pedro Sánchez consegue que Europa “confíe” e aprobe investir 6.000 millones de euros máis, “llegan los Hernández y Fernández de la política, el aforado Casado y Albert Rivera” e “pervierten el reglamento” do Congreso “para evitar que los diputados puedan votar unos PGE con 6.000 millones de euros más para pagar la sanidad universal, pagar la educación, para pagar las pensiones a nuestros mayores, para la obra pública”. “Están boicoteando la acción del gobierno, pervirtiendo las instituciones”, e boicoteando tamén “la dignidad, la democracia y la defensa de los derechos de los trabajadores, las mujeres y los que menos tienen”.
Finalmente, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, resaltou que, fronte ao “lodazal” no que algúns “queren converter a política”, os socialistas “temos proxecto” e iso fará que “gañemos as próximas eleccións municipais”.