O candidato socialista á presidencia da Xunta aposta polo “liderado e a innovación da Galicia máis emprendedora, dinámica e vangardista das grandes cidades”
Salvador Illa sinala que “é a hora do cambio que representa la candidatura socialista de Gonzalo Caballero para afrontar los nuevos tiempos con energía, con liderazgo”
O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, visitou hoxe A Coruña xunto coa alcaldesa, Inés Rey e o ministro de Sanidade, Salvador Illa, logo de “percorrer Galicia de norte e sur, de este a oeste, porque estamos no sprint final para o cambio político en Galicia, e estamos reactivando a todo o electorado progresista”.
Caballero dirixiuse hoxe “persoalmente” a “todos aqueles que votaron socialista ao longo do ano pasado” que “volvan ir votar o domingo, porque nos xogamos o futuro de Galicia” e “por un voto se decide un goberno”. O candidato socialista requiriu “unha vitoria progresista para frear á dereita e á ultradereita e darlle a Galicia o cambio político no que se pode confiar”.
O líder dos socialistas galegos dirixiuse esta tarde explicitamente á Galicia urbana para que se una a “pular polo futuro de Galicia”. Sinalou o “liderado, a innovación da Galicia máis emprendedora, máis dinámica e vangardista, a das grandes cidades, sen a que non podemos impulsar un proxecto de país que aposte pola vertebración territorial e tamén polo medio rural e os pequenos concellos”.
Defendeu un proxecto “de progreso, que defende a sanidade pública, o Estado do Benestar, unha reconstrución na que ninguén quede atrás, porque non é o mesmo cando goberna a dereita que cando goberna a esquerda”. Lembrou que o actual presidente da Xunta foi “o que xestionou a recuperación logo da gran recesión de 2008 con privatizacións, recortes e facendo máis pequeno ao Estado do Benestar”.
Que ninguén quede atrás
Pediu apoio para “presidir un goberno de Galicia que lidere unha reconstrución que conte cos galegos e coas galegas, que fortaleza os servizos públicos, que aposte polo Estado do Benestar e que xere unha nova política económica industrial para que haxa emprego e ninguén quede atrás”.
Sinalou que “cada vez estamos máis cerca do cambio político” e sinalou que “o que non vexo é ningún tipo de ilusión, ningún tipo de entusiasmo en torno á candidatura de Feijóo”. Engadiu que “eles din que teñen feita a vitoria electoral, pero non escoito a ningún galego entusiasmado, que aplauda ningunha medida de Feijóo, que é un líder esgotado logo de 11 anos de goberno e que o único que quere é escalar no PP”.
Pediu apoio “para non permitir que siga recortando na Sanidade” como na “vitoria cidadá” cando se viu obrigado a rectificar na súa decisión de pechar o paridoiro de Verín”, poñendo en perigo este servizo en tódolos hospitais comarcais de Galicia.
Salvador Illa
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, puxo en valor “el compromiso de Gonzalo Caballero con el refuerzo de la sanidad pública, univesal y gratuita”, así como el “impulso que le quiere dar a la ciencia”, demostrando dúas leccións aprendidas da crise do coronavirus e “dos de las muchas razones para votarle”.
Dixo que “en Galicia é a hora do cambio que representa la candidatura socialista de Gonzalo Caballero para afrontar los nuevos tiempos con energía, con liderazgo, sabiendo anticiparse a los cambios que la pandemia ha acelerado”. Apelou á “transformación económica, la digitalización, la nueva forma de entender la relación con el Medio Ambiente o el apoyo al mundo municipal”.
A Coruña
O candidato socialista, Gonzalo Caballero, reafirmou hoxe que “queremos cumprir coa Coruña”, e pediu o apoio dos votantes “que queren progreso e non queren as políticas da dereita”. Dixo que a cidade representa o entorno urbán no que “os gobernos socialistas son sinónimo de progreso e avance” e subliñou que “queremos presidir un goberno da Xunta de Galicia que colabore co goberno da Coruña
Ratificou o apoio á Cidade das TICs, que “seguirá sendo referencia fundamental e terá todo o respaldo orzamentario dende o meu goberno”, así como no novo complexo hospitalario que logo de 11 anos Feijóo “acórdase agora cando chegan as eleccións”, ou co saneamento da Ría do Burgo.