O secretario xeral do PSdeG anuncia unha ponencia “inclusiva” que “se vai facer de abaixo arriba coa voz dos militantes”
O dirixente socialista avanza que Alberto Varela, presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía, e María Barral, vicepresidenta da Fegamp e alcaldesa de Betanzos, “coordinarán” a elaboración do eixe municipalista
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe os 15 eixos cos que contará a ponencia marco do partido cara ao vindeiro proceso congresual.
“Estamos edificando o mellor socialismo galego para a década dos 20”, sinalou o máximo dirixente das e dos socialistas galegos, despois de destacar que xirará entorno a “catro grandes compromisos: esquerda, feminismo, ecoloxismo e galeguismo-federalismo”.
Así, incidiu en que “fronte a un PP sumido na doutrina conservadora da inacción, na deixadez de funcións, na falla de ambicións e solucións, e fronte a un nacionalismo galego que se quere abrazar á vía Junqueras que non trae nada positivo para Galicia, imos facer un proxecto de país que beneficia aos galegos e galegas, pensado na nosa xente”, sentenciou.
Para iso, sinalou, “imos contar coa participación de diferentes representantes do partido nas distintas Cámaras”, pero tamén “coas aportacións do conxunto da militancia e dos grupos de traballo”, xa que será unha ponencia “inclusiva” que “se vai facer de abaixo arriba coa voz das e dos militantes”.
Nesta liña, Gonzalo Caballero avanzou que o alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela, e a alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta da Fegamp, María Barral, serán quen “coordinarán” a elaboración do eixe municipalista.
“15 EIXOS DE TRABALLO”
Por último, o líder do PSdeG enumerou os “15 eixos de traballo” nos que se volcarán os ponentes “para fortalecer, renovar e impulsar a Galicia do futuro que dea oportunidades aos galegos e galegas”: