Os socialistas abren unha liña de doazóns fronte á pandemia do covid-19 e os seus efectos
Santiago, 6 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe a doazón do 50% dos seus ingresos durante o estado de alarma para a loita contra os efectos da crise do coronavirus.
O líder dos socialistas galegos comunicou a súa decisión persoal a través das súas redes sociais, cunha mensaxe na que sinalou que se trata dun xeito de amosar “compromiso” neste contexto de crise e confinamento.
“A acción dos gobernos é clave nesta crise”, apuntou Gonzalo Caballero, quen engadiu que “hai actos” como esta doazón que, “sen solucionar o grave, contribúen a amosar o noso compromiso”. Os deputados, senadores e parlamentarios autonómicos do PSdeG tamén contribuirán con doazóns fronte a crise do covid-19.
Así mesmo, o PSOE remitiu hoxe unha carta á militancia e aos responsables públicos do partido para invitar a participar nunha campaña de doazón colectiva para o combate da pandemia do covid-19.