O acto, no que tamén participará a vicevoceira e secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro, terá lugar este sábado en Santiago baixo o título ‘Autonomía e Federalismo’
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participará este sábado nun acto para analizar o modelo autonómico que rexe no noso país e os retos do autogoberno galego.
Baixo o título ‘Autonomía e federalismo’, a xornada reunirá ao líder dos socialistas galegos, a quen fora ministro de Xustiza e catedrático de Dereito Constitucional, Francisco Caamaño, e ao catedrático de Ciencia Política Ramón Máiz.
O acto, no que tamén participará a vicevoceira e secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro, terá lugar mañá, sábado, no compostelano hotel Los Abetos a partir das 11.30 horas.
Esta xornada enmárcase na programación elaborada polo PSdeG para conmemorar o 40 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Súmase, por tanto, ao acto que contou coa presenza de Gonzalo Caballero e os expresidentes socialistas da Xunta, Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe, ademais de José Vázquez Fouz, membro da Comisión dos 16; Margariña Valderrama, membro da dirección socialista na etapa na que se aprobou a carta estatutaria hoxe vixente; e Noa Díaz, coordinadora do libro ‘A esforzada conquista da autonomía’ e membro da executiva do PSdeG.
Nese foro, os e as socialistas galegos salientaron a relevancia do Estatuto de Autonomía de Galicia e o papel do PSdeG na súa consecución, ao tempo que reafirmaron o seu compromiso coa autonomía e o autogoberno.