O secretario xeral do PSdeG desenvolverá una axenda relacionada co impulso das enerxías renovables, coa cohesión territorial ou o rexeitamento de Galicia á prohibición da pesca do arrastre de fondo
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, realizará a próxima semana unha viaxe de tres días a Estrasburgo, sede oficial do Parlamento Europeo, onde manterá un maratón de reunións con ata cinco membros da Comisión Europea e varios representantes da Eurocámara. O tamén alcalde das Pontes e presidenta da Deputación da Coruña leva na súa axenda diversos asuntos que ten previsto abordar coas autoridades comunitarias, que van dende o impulso das enerxías renovables ata a pesca, pasando pola política agraria común ou pola cohesión territorial.
A visita de Formoso á capital alsaciana coincidirá coa celebración do debate sobre o estado da Unión Europea, fixado para o mércores 14, no que deberá comparecer a presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, e no que os eurodeputados examinarán o traballo do conxunto do executivo comunitario. Na mesa sesión plenaria tamén se van a debater e votar os plans para acelerar a implantación das enerxías renovables e reducir o consumo enerxético para o 2030.
O líder dos socialistas galegos iniciará a súa viaxe este luns día 12, no que manterá o seu primeiro encontro cun membro da Comisión Europea. Será coa responsable de Enerxía, a estoniana Kadri Simson, á que lle exporá o pacto en favor dunha enerxía eólica sostible subscrito co PSdeG con varias forzas sindicais e comunidades de afectados. De seguido, participará xunto ao eurodiputado do PSdeG, Nicolás González Casares, nun briefing sobre a directiva de enerxías renovables.
O groso da axenda do secretario xeral dos socialistas galegos levarase a cabo o martes día 13, no que manterá un encontro co vicepresidente da Comisión Europea e alto representante da Política Exterior da UE, Josep Borrell, para abordar a situación xerada coa guerra de Ucraína.
Na mesa xornada, Formoso manterá encontros de traballo coa comisaria europea de Cohesión e Reformas, a portuguesa Elisa Ferreira, co responsable de Emprego e Dereitos Sociais, o luxemburgués Nicolas Schmit, e co comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, co que abordará a proposta de prohibir a pesca de arrastre de fondo, rexeitada abertamente polo PSdeG e o conxunto do sector pesqueiro galego.
A viaxe concluirá o mércores, día do debate sobre o estado da Unión Europea, que será seguido polo número un dos socialistas galegos. A longo de dita xornada, tamén manterá outras reunións con membros da delegación socialista europea, como Iratxe García-Pérez, presidenta do Grupo S&D (Socialistas e Democráticas), ao que está adscrito o PSOE.
Tamén se verá Formoso coa eurodeputada Clara Aguilera, coordinadora da área de agricultura do Grupo S&D para abordar os asuntos máis importante da nova Política Agraria Común (PAC).