O líder dos socialistas galegos apunta que “por primeira vez na historia da democracia” os xefes de servizo están denunciando a situación provocada polo déficit de xestión do goberno galego
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu hoxe dende A Coruña que a situación de “colapso sanitario” que está a vivir a sanidade pública galega “evidentemente ten que protagonizar claramente a reunión que temos co presidente Rueda o próximo luns”.
O líder dos socialistas galegos puntualizou que “non o dicimos os socialistas galegos”, senón que “por primeira vez na historia da democracia o din os xefes de servizo de tódolos hospitais galegos”. Estes, explicou, “está denunciando o colapso sanitario, o déficit de xestión ou a irresponsabilidade na asignación a estes colectivos de tarefas que non son médicas”.
O responsable socialista puxo o acento sobre a situación de “persoas nos servizos de Urxencias ateigadas polos corredores, agardando 48 horas para poder ter unha simple habitación”. A situación de “colapso sanitario”, sinalou, esténdese ás “tardanzas inxustificables, indefendibles e inexplicables” na Atención Primaria á hora de facer “un mínimo diagnóstico”, cun claro deterioro da atención hospitalaria.