O líder dos socialistas galegos ofrece unha lectura optimista dos resultados nas eleccións municipais de 2023
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, salientou hoxe que o PSdeG mantén unha importante representatividade municipal e provincial logo das eleccións deste domingo. O responsable socialista subliñou que os socialistas manterán unha importante representación municipal, suman máis de 1.000 concelleiros e manterán tamén representatividade nos gobernos provinciais.
Formoso trasladou unha visión optimista logo duns resultados nos que a suba xeneralizada do PP en todo o Estado viuse reducida a un 5 por cento, a metade do 9 por cento no conxunto do Estado. Salientou que os socialistas revalidan os gobernos das alcaldías de Vigo, A Coruña e Lugo, mentres en Ferrol a esquerda suma máis votos que a dereita e en Santiago o PP quedará fora do goberno.
O responsable socialista emprazou aos próximos días para coñecer os resultados definitivos e “facer profundas análises” a nivel local e provincial e avaliar os resultados nos eidos rural e urbano.