O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, participou na concentración en defensa da Sanidade Pública que se celebrou en Vigo, onde reivindicou o reforzo dun servizo público básico que os gobernos de Feijóo e Rueda teñen convertido “nunha liña de atención telefónica” polos recortes dos últimos 13 anos.
O líder dos socialistas galegos propuxo que a sanidade pública garanta unha diagnose previa nun prazo máximo de 48 horas para os pacientes de Atención Primaria. Criticou que a xestión do PP ten provocado retrasos de 14 días na atención aos galegos e ás galegas, e en moitos casos “ni sequera fisicamente”.
Acusou ao novo presidente da Xunta de “vivir nunha realidade paralela” ao protagonizar unha intervención de Investidura “totalmente decepcionante”, que “non recoñece os fallos realmente graves” na atención sanitaria e que quedaron de manifesto durante a pandemia.