O secretario xeral do PSdeG presenta a candidatura de Pontedeume, encabezada por Bernardo Fernández Piñeiro, nunha comarca gobernada integramente polos socialistas, que apostan polo emprego e a industria
7 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou este domingo a campaña “limpa, construtiva e positiva” que está desenvolvendo o PSdeG, fronte ao empeño do PP en “embarrar” o terreo de xogo político coa intención de recuperar o poder nas cidades, xa que non goberna en ningunha logo de que no 2019 o electorado urbano lle dera as costas aos populares.
En declaracións aos medios, antes de intervir na presentación da candidatura de Pontedeume, o líder do PSdeG advertiu de que a man dos populares volve a estar detrás, como se viu outras veces, da guerra sucia promovida contra algúns alcaldes socialistas, como o de Santiago ou o de Ferrol, co empeño do PP en xudicializar a vida política para ver si nos tribunais recupera o apoio que os cidadáns lle negan.
Formoso tamén se referiu a como enfrontan a campaña dende o partido dos socialistas galegos, e asegurou que o están facendo “coa maior ilusión e o maior compromiso coas 313 realidades que conforman o noso país”.
A propósito disto, asegurou que “ sociedade galega é perfectamente consciente de que as forzas que son capaces de modernizar e de empatizar unha sociedade son as que traballan en positivo”. Así como, as que “son capaces de comprometerse cos obxectivos de reter o talento, de xerar emprego, de protexer socialmente ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade”, engadiu.
Resaltou tamén que “toda a forza do partido con 144 anos de historia” estará posta nestas municipais en Galicia coa presenza este vindeira semana, adiantou de varios ministros e o presidente Pedro Sánchez para apoiar aos candidatos e candidatas locais do PSdeG.
O número un dos socialistas presentou a candidatura local en Pontedeume que tentará revalidar a maioría absoluta que ostentan dende o ano 2015 e que nas últimas eleccións tivo un respaldo aínda maior ao recibir o 64% dos votos totais. Formoso non quixo faltar ao acto electoral da comarca do Eume, na que os cinco concellos que a integran están dirixidos por alcaldes socialistas, e dos que o líder do PSdeG destacou o seu compromiso coa creación de emprego, a aposta pola industria e retención de talento.
Ademais, foi a apoiar a un Bernardo Fernández que o sucedeu á fronte da dirección provincial do partido, cando Formoso deu un paso adiante e alcanzou a secretaria xeral da federación galega, e co que leva coincidindo en decenas de actos por toda a provincia desde que botou a andar a precampaña.
ASUMIR CUSTES DA XUNTA
Pola súa banda, o alcalde e candidato á reelección, Bernardo Fernández Piñeiro, agradeceu a súas verbas de apoio a Formoso e o respaldo recibido polo concello eumés dende s Deputación da Coruña, que contrapuxo co que fai a Xunta. “Xa non é que non nos axudara economicamente na pandemia, que non que nos obrigaba a asumir custes que non son da nosa competencia”, denunciou.
O tamén secretario provincial do PSdeG puxo en valor o traballo de tódolos membros que conforman a súa candidatura para que a vila siga progresando nun tempo futuro que apunta como importante pola implementación dos fondos europeos que poder volver a xerar emprego na vila.
No acto tamén interviron a secretaria de organización da agrupación local e concelleira, Alejandra Bellón, e a número dous dos 23 veciños e veciñas que conforman a lista socialista, Charo Huertas.