O líder dos socialistas galegos reivindica “intensificar as axudas” que permitan a asignación a este centro de produción da nova plataforma eléctrica no ano 2024
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, salientou hoxe a “magnífica nova” que supón o anuncio do goberno de integrar a solicitude do Grupo Stellantis nas axudas ao Perte do automóbil. Así o dixo logo da visita Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia -CTAG-, en O Porriño.
O responsable socialista salientou a importancia da factoría de Stellantis en Vigo, que “emprega a miles de persoas en Vigo e Pontevedra” e que “arrastra indirectamente todo o tecido produtivo de Galicia”. Subliñou o apoio “intenso” dos socialistas galegos a este “polo industrial estratéxico” para toda Galicia.
Estendeu este respaldo á concesión das axudas tamén ás “xestións necesarias que permitan intensificar as axudas que permitan a asignación da nova plataforma eléctrica no ano 2024 a este centro de produción de Vigo”.
Microcortes
O líder dos socialistas galegos apoiou ademais a reclamación da Alcaldía de Vigo para que a Moi Alta Tensión permita garantir a supresión de microcortes na planta de Vigo. Advertiu que esta situación “significa perdas económicas moi importantes nun mundo tan competitivo como é o do automóbil a nivel mundial”.