O líder dos socialistas galegos empraza ao presidente do PP a “quitarse a careta de moderado” por facer o mesmo que Casado ao impedir o normal funcionamento da Xustiza
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiulle hoxe ao PP de Núñez Feijoo que “que se quite a careta de moderación e se poña mans á obra” para desbloquear a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). Así o dixo na inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, no Pazo de Mariñán -Bergondo-, na que participou o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.
O responsable socialista sinalo que “os españois teñen dereito a que a Xustiza funcione, teñen dereito a unha renovación do CXPX que está bloqueada agora polo PP de Feijoo igual que o estivo antes polo PP de Casado”. Esixiulle que traballen para “renovar un dos poderes fundamentais do Estado, como é a xustiza, e que os poderes do Estado funcionen”.
Puntualizou que os españois “teñen dereito a que os maxistrados que se xubilan poidan ser renovados, e que os asuntos paralizados no Supremo poidan activarse” porque, advertiu, “detrás de cada asunto hai prexudicados e prexudicadas”. Reclamoulle ao PP que colaboren para “construír o país que os españois teñen decidido e para o que nos poñen á fronte das institucións”.