O secretario xeral do PSdeG anuncia a celebración dunha convención municipal no mes de abril para exhibir o músculo local do socialismo galego
O comité nacional do partido aproba 231 candidaturas, e as restantes serán ratificadas pola comisión nacional de listas
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou este sábado á militancia socialista a “arremangarse e dar a cara” ante a cidadanía para acadar os mellores resultados nas eleccións municipais do 28 de maio. Fíxoo na súa intervención inicial no comité nacional do PSdeG, máximo órgano do partido entre congresos, reunido en Santiago e no que se aprobaron ata 231 candidaturas as alcaldías galegas.
Ás 231 listas aprobadas como comité nacional engadiranse nos próximos días outras candidaturas que están pendentes de ser pechadas, e que serán revisadas e ratificadas, no seu caso, pola comisión nacional de listas. O PSdeG mantén así o seu compromiso de dar a batalla en todos os concellos nos que sexa posible, coa aspiración de concorrer ás eleccións nos 313 municipios de Galicia.
No discurso inicial pronunciado por Formoso ante o comité nacional do PSdeG puxo o foco precisamente nas municipais, chamando á ao membros do máximo órgano do partido e ao conxunto da militancia á mobilización e a “arremangarse e dar a cara” nas eleccións municipais para sacar “o mellor resultado”.
Falou directamente a todos os candidatos e candidatas cando asegurou que “a pesar de que hai realidade moi distintas en Galicia”, dende grandes cidades ás vilas máis pequenas, “cando hai un problema de calquera índole, a primeira referencia política é o alcalde ou alcaldesa”, quen ten que solucionar os problemas directamente.
Para Formoso a “política directa é encontrarse cos veciños na escola dos fillos, no taller ou facendo deporte” e cre que por iso “languidecen” as formacións que perden esta perspectiva e non lle prestan atención ao mundo municipal. “É como non prestarlle atención á sociedade”, sinalou. Esa mesma é a razón pola cal o Partido Socialista ten carácter municipalista, engadiu Formoso, ao que se referiu como “un partido forte e que vai durar dez mil anos máis”.
CONVENCIÓN MUNICIPAL
Coa intención de amosar esa forza municipal da que presumiu Formoso, anunciou tamén que no mes de abril organizarán unha convención municipalista onde estarán presentes todos os candidatos e candidatas que van nas listas do PSdeG no comicios municipais. Será unha cita para exhibir o músculo do partido en Galicia e referendar a aposta firme por gobernar dende os concellos para a maioría dos galegos e galegas.
Despois de “un ano percorrendo Galicia, apostando por Galicia”, o secretario xeral dos socialistas afirma estar “reconfortado” por coñecer de primeira man o traballo dos militantes e concelleiros socialistas por todo o país, que “levantan cada día a bandeira do socialismo”.
No seu discurso, falou de distintos temas a maiores das eleccións municipais, un deles ao que lle deu bastante importancia foi en denunciar que o goberno da Xunta está “ausente” ante os problemas que sofre Galicia. Do mesmo xeito, está “ausente” cando un dos máis de 100 alcaldes ou alcaldesas socialistas acoden a el cun problema, tendo que recorrer unicamente ás súas deputacións provinciais, salvo a de Ourense, todas presididas polo PSdeG.
Formoso reprochou a Rueda que esté “ausente” á hora de tomar medidas que axuden á xente, subliñando que “non hai ningún plan integral ante a situación máis delicada na historia recente do país, coa suba da inflación. Reprobou tamén que Galicia non estea presente nos debates onde se xoga o seu futuro e emprazou a Rueda a que vai a falar con Von der Leyen, xa que en Europa “non saben quen é”.
En contraposición recordou as súas visitas ás institucións europeas onde se reuniu cos comisarios responsables das áreas de Cohesión, Pesca, Enerxía e Emprego para falar do futuro estratéxico de Galicia dentro das institucións comunitarias, así como co alto representante da Unión Europea, Josep Borrell.
“ORGULLOSO” DO GOBERNO SOCIALISTA
Do mesmo xeito, remarcou que o goberno socialista liderado por Pedro Sánchez, ao contrario que a Xunta de Feijóo e Rueda, estivo liderando en Europa as medidas para “estar á altura” nos momentos máis difíciles, pasando dende os ERTEs da pandemia, ante o actual tope ao prezo do gas ou os abonos de balde para o tren. Un goberno que vai por dirante e ao que “todos copian en Europa” e que do que están “orgullosos”.
Sen embargo, sinalou que co PP gobernando unicamente poñen en dúbida os dereitos dos máis vulnerables, como no último caso onde atacaron directamente ás mulleres que queren ou precisan interromper o seu embarazo. Isto fíxoo en referencia ás declaracións de Rueda apoiando os métodos de “coacción” como obrigar a escoitar os latexos do corazón do feto ou votar en contra das sancións aos grupos antiabortistas que acosan a estas mulleres nas portas das clínicas.
Un goberno que está seguro de que se manterá tralas eleccións xerais de 2023, xa que nestes momentos precisamos dun socialista ao fronte, xa que o gran avance en modernidade que tivo España nas últimas décadas sempre viu cun presidente socialista.
Ante esta perspectiva electoral complexa, con ata catro procesos electorais nun período de algo máis dun ano, Formoso incitou á súa militancia a traballar e loitar por manter os gobernos, sendo as municipais de maio “o primeiro gran cabalo de batalla” no que deben vencer.