O líder dos socialistas galegos asiste en Oviedo ao 33 Congreso da FSA – PSOE xunto con Adriana Lastra para acompañar a Adrián Barbón na súa reelección como secretario xeral
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asistiu hoxe domingo á clausura do 33 Congreso da Federación Socialista Asturiana (FSA – PSOE), ao que asistiu xunto coa vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, para acompañar ao presidente da Comunidade Autónoma de Asturias, Adrián Barbón, nun novo fito para apuntalar a “estabilidade e progreso” no Executivo desta autonomía curmá.
O responsable socialista salientou a solidez do proxecto de Barbón como un dos mellores exemplos da xestión dos dirixente socialistas á fronte das institucións, e que garante o mellor “futuro para Asturias” cun proxecto renovado coa base do traballo ben feito na pasada Lexislatura.
González Formoso salientou o respaldo abrumador á xestión de Barbón, que foi quen de conxugar unha dirección rexuvenecida e con maioría de representación feminina contando ao mesmo tempo dirixentes veteranos, que inclúen catro xeracións de socialistas traballando co obxectivo único de garantir o mellor porvir desta Comunidade Autónoma.