O secretario xeral do PSdeG denuncia que neste “día triste para a democracia” que é o 18 de xullo hai “retrógrados” amparados polo PP que buscan un “alzamento contra Pedro Sánchez”
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou este martes que nestes últimos días de campaña quedou claro que a sociedade no quere “un presidente que lles minta” como o caso de Feijóo, ao que acusa de poñer “a alfombra roxa” á ideoloxía ultra de Vox.
O tamén presidente da Deputación da Coruña, ofreceu declaracións aos medios antes de acudir ao pleno de constitución do organismo provincial no que revalidou o cargo para os próximos catro anos. Aproveitou para facer unha valoración dos últimos días da campaña e criticar a Feijóo polo seu incidente nunha entrevista en RTVE na que “cando un xornalista lle pon diante os datos, sen ningún tipo de rubor minte á sociedade española”, alegou.
Formoso ten claro que “cada vez mais galegos e galegas queren seguir avanzando cara adiante e non queren un retroceso coa chegada da dereita e da ultradereita”. Do mesmo xeito, expuxo a Feijóo como un político que “sacou a careta” de moderado que tiña en Galicia e queda exposto ante os medios de ámbito nacional.
Fixo unha exposición das distintas “mentiras” de Feijóo en Galicia. Recordou que xa “mentiu aquí”, cando o expresidente da Xunta “falaba da calidade educativa despois de pechar 138 colexios” durante o seu mandato. Do mesmo xeito, consider que “Feijóo mentía á cidadanía cando falaba de melloras nas políticas sanitarias cando o que facía era investir cada vez menos en atención primaria ata convertela nunha liña telefónica”, apuntou.
No relativo á polémica dos últimos días, asegurou que “por un puñado de votos, minte aos 770.000 pensionistas de Galicia” cando afirma que o PP actualizou sempre as pensións conforme o IPC, o que Formoso resalta que “queda acreditado que non é certo”. De cara a un posible goberno do PP, asegurou que se os populares chegan ao poder, as familias que cobran unha pensión van a sufrir un “empobrecemento” como pasou na etapa de Rajoy.
Tamén atacou un dos principais argumentos do PP para a formación de goberno, Formoso sinalou que o líder do PP falta á verdade cando fala de deixar gobernar á lista máis votada “cando en Galicia non aplicaba ese criterio”, como no caso do concello de Ourense hai catro anos.
Do mesmo xeito, sinalou que “en España tampouco o está a aplicar ordenando en Extremadura e na Comunidade Valenciana que se apoien en Vox para chegar as institucións”, así como nos 140 concellos nos que “vai a permitir que a extrema dereita entre nas institucións”, remarcou.
ALFOMBRA ROXA AOS ULTRAS
Coincidindo co aniversario do golpe de estado de Franco, Formoso cualificou esta data como “un día triste para a democracia, un día para recordar e reflexionar sobre que aínda hai retrógrados neste país que buscan ese alzamento contra Pedro Sánchez e contra a democracia”. Así mesmo, reprochou a Feijóo que sexa quen “está poñendo a alfombra roxa a esa ideoloxía ultra”.
“Hai que evitalo”, remarcou en referencia a un goberno da dereita, e para iso entende que a única opción é apelar ao voto útil e sumar todos as forzas progresistas en torno ao PSOE. Chamou ao voto a “toda a xente que quere avanzar neste país, que lle preocupan.