O secretario xeral do PSdeG destaca que Besteiro vai a ser o “interlocutor dos intereses dos galegos no executivo” e defenderá a “xustiza” social, industrial e nas infraestruturas
3 de abril de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acudiu hoxe á toma de posesión de Besteiro como Delegado do goberno en Galicia, o que ve como “un día grande” para o Partido Socialista. Asegurou que o novo representante do executivo vai a ser o “interlocutor dos intereses dos galegos” e defenderá o principio de xustiza nos ámbitos que máis afectan á comunidade autónoma.
Formoso ofreceu a súa valoración dende o Palacio de Congresos da cidade da Coruña, pola volta á primeira liña política de Besteiro, en calidade de Delegado do goberno en Galicia, cargo no que cre que vai a representar “moi dignamente” o traballo do executivo liderado por Pedro Sánchez.
O secretario xeral do PSdeG referiuse ao discurso de Besteiro para sinalar os aspectos esenciais do seu novo cargo. Centrado na “xustiza”, tanto social, como noutros ámbitos que máis preocupan ao territorio, como a “xustiza industrial” ou “xustiza en infraestruturas”.
Está seguro de que vai a ser un bo “interlocutor” co goberno central nos asuntos que máis preocupan á cidadanía e que, como el mesmo se comprometeu “vai a defender os intereses de Galicia” e trasladará “as inquedanzas do pobo galego” ao executivo. Considera o seu nomeamento, así como o recente de José Miñones como ministro de Sanidade, un “reafirmamento do compromiso do goberno de España con Galicia”.