O secretario xeral do PSdeG deféndese das críticas do PP reivindicando en Xinzo o orgullo socialista polo “servizo impecable” prestado a este país nos 144 anos de historia do partido
Chama á cidadanía de Ourense que a aproveiten a cita cos urnas do 28M para expresar o seu “rexeitamento rotundo” ás prácticas de Jácome avaladas polos populares
A alcaldesa Elvira Lama destaca a implicación do Goberno de España que aporta 4 millóns de euros para a renovación das vías urbanas que doutro xeito sería “inabordable” para o concello
Xinzo de Limia, 16 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, puxo en valor a campaña “en positivo” dos socialistas, que están centrados en defender a xestión dos seus alcaldes e alcaldesas, das deputacións e do Goberno de España, fronte a un Rueda que “percorre Galaicia en Babia”, intentando traer debates alleos á campaña do 28M e deixando claro que se avergoña dos seus propios candidatos.
O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións no transcurso dunha visita a Xinzo de Limia, onde reivindicou a xestión realizada nos últimos catro anos pola alcaldesa Elvira Lama e os demais representantes socialistas. Nesta localidade ouresá tivo a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto que está a desenvolver o Concello, coa colaboración do goberno de España e con financiamento dos fondos europeos Next Generation, para humanizar a travesía principal da localidade e facela máis habitable para as persoas.
Formoso aproveitou a visita para mostrar a súa “preocupación” con que os dirixentes doutros partido anden “distraídos noutros debates”. En concreto, criticou que o presidente da Xunta e do PP galego, Alfonso Rueda, chegara incluso a cuestionar o compromiso de Abel Caballero co seu partido, acusándoo de “ir de independente cando é PSOE en vena”. Non só apelou ao orgullo de ser socialistas, senón que asegurou que, con este tipo de afirmacións, Rueda demostra que “percorre Galicia en Babia”.
Insistiu en que no PSdeG “estamos moi orgullosos dos nosos candidatos”, e tamén de “defender aos pensionistas e ás clases medias e traballadoras do país”. Fronte ao que apuntou que quizais son os populares deban estar “avergonzados” dalgún ex tesoureiro ou ex ministro que están no cárcere, ou mesmo de ter votado en contra da reforma laboral que crea emprego estable, do incremento do salario mínimo ou do acordo para incrementar as pensión que cobran 770.000 galegos e galegas en función do custe da vida, e non un 0,25% anual como propoñía o PP.
Por outra banda, tamén aludiu Formoso á portavoz nacional do BNG, por converter a campaña das municipais nunhas autonómicas, “dándolle as costas ás 313 realidades que hai en Galicia, que se chaman concellos”. Para Formoso, a dirixente do Bloque “renuncia” a facer campaña nas institucións “que son a conexión con cada veciño e cada veciña do país” pola súa proximidade.
12 DÍAS PARA QUE OURENSE DECIDA
Logo de rebelarse un día máis novas prácticas de Jácome na alcaldía, o líder do PSdeG fixo un chamamento á cidadanía de Ourense. “Quedan 12 días para que Ourense se retrate” e está seguro de que a veciñanza “vai a ser rotunda no seu rechazo a unha forma de facer política que en calquera outro país de Europa estaría absolutamente erradicada”, apuntou.
Considera que coas polémicas das últimas semanas e a xestión dos últimos catro anos, “todos os que temos raíces ourensás” perderon o dereito a sentirse orgullosos da súa terra, xa que entende que “todos estamos absolutamente avergonzados de que un alcalde poida facer todo o que fai, todo o que di”. Engadiu que o de Jácome “non debe ser só unha cuestión da Xustiza, non deixemos en mans da Fiscalía o que é responsabilidade da cidadanía” exercendo o seu dereito a voto.
Formoso está “convencidísimo” de que a cidade “maioritariamente vai a dar un impulso ao Partido Socialista que está absolutamente vinculado co municipio”, como así demostrou coa definitiva chegada do AVE. Queren “liberar a unha sociedade subsumida na S.L. dos Baltar e dos Jácome coa opción democrática que se chama Partido Socialista”, alegou.
PROXECTOS IMPOSIBLES SEN O GOBERNO DE ESPAÑA
O motivo da visita de Formoso a Xinzo de Limia, foi para dar un impulso á candidata á reelección e coñecer de primeira man un proxecto que se está a facer cunha colaboración entre a entidade local e o Goberno de España, para renovar as vías principais do concello grazas a un investimento de preto de 4 millóns de euros. Unha mostra de que “alá onde goberna o PSOE é capaz de transformar a realidade urbana e mellorar a calidade de vida das persoas”.
Elvira Lama ve con boa perspectiva as eleccións do 28 de maio porque considera que despois de estar no goberno a súa veciñanza veu na alcaldesa “unha persoa cercana e no equipo de goberno xente con capacidade para demandar doutras administracións” financiamento que serían “inabordables” para un concello do pequeno tamaño de Xinzo.
Finalizou agradecendo a implicación do Goberno de España e o fío directo cos Ministerios que permiten proxectos como o que presentou hoxe a Formoso para facer moito máis amable a vila para a súa xente.