O secretario xeral do PSdeG, recorda que o veto provén dunha “mala xestión política” da Comisión Europea presidida polo PP europeo
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, celebrou o recurso anunciado polo ministro de Pesca, que amosa un “compromiso cos miles de pescadores galegos” para seguir loitando polo sector. Reclamou hoxe en Vigo que o PP ten traballe para que se rectifique o veto á pesca de fondo da Comisión Europea que eles presiden.
O líder dos socialistas galegos asistiu este mércores o X Congreso de Conxemar que se está a celebrar na cidade de Vigo, “corazón dun sector estratéxico” que “está sendo atacado” pola Comisión Europea que preside o PP, polo que emprazou aos populares galegos e españois a que “fagan o seu traballo” e convenzan aos seus compañeiros de que rectifiquen.
Formoso incidiu en que os dirixentes do PP defendan os intereses de Galicia ante os seus líderes europeos que están poñendo en risco un sector que significa “non só un medios de vida, senón unha tradición deste país” que entende que non pode ser finalizada “polos ataques dun comisario”.
Aproveitou a ocasión para pronunciarse respecto do anuncio do ministro de Pesca, Luis Planas, de que se presentará un recurso para “tratar de arranxar” a decisión da Comisión Europea presidida polo PP, de prohibir a pesca de fondo en 87 caladoiros comunitarios que afecta aos pescadores galegos, sendo “un paso máis” para “seguir loitando pola defensa do sector”.
Formoso destacou o “compromiso” do goberno de España cos “milleiros de pescadores galegos, empresas e armadores afectados” e que responde así ao requirimento conxunto das comunidades autónomas afectadas, de todas as forzas que compoñen o Parlamento de Galicia e do sector pesqueiro.
O secretario xeral do PSdeG tamén resaltou a importancia da faceta xurídica, xa que confía nun “organismo independente como o Tribunal de xustiza da Unión Europea” e espera que os avogados do estado “estarán a altura das circunstancias” nun asunto que atinxe a unha parte importante da sociedade galega.
Valentín González Formoso, finalizou pedindo que, dende a vía política, os dirixentes populares da Comisión Europea rectifiquen a súa decisión e teñan en conta os informes científicos xa que está é unha decisión de “gran calado” na sociedade e na economía galega.