O deputado socialista Juan Díaz Villoslada recomendoulle hoxe ao presidente da Xunta e ao ministro de Fomento “un máster en respecto institucional, pero dos de verdade, non dos que lle regalan a Cifuentes”. O responsable socialista protestou dende o Parlamento pola exclusión do Concello de A Coruña no acordo Xunta – Fomento para deseñar o proxecto dos peiraos interiores.
Criticou a “absoluta falla de respecto institucional á cidade” que “pretende vir colonizar logo dos seus fracasos na cidade de Vigo” e advertiu da “falla de interese por resolver os problemas da cidade”.
Lembrou así que o PP rexeitou sistematicamente na Cámara autonómica tódalas iniciativas socialistas para constituír un consorcio cos axentes e institucións públicas dirixido a desenvolver o futuro urbanístico da cidade e a fachada interior.