Noia (A Coruña), 1961
Licenciado e profesor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1984, doutor desde 1990. Profesor titular de Economía Aplicada desde 1992, vicerreitor de Asuntos Económicos desta universidade entre 1990 e 1994 e director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia desde 2014.
Foi tenente de alcalde de Facenda no Concello de Santiago entre 1999 e 2007 e deputado autonómico entre 2005 e 2012. Actualmente, é o voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia.