Marín, 1968
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, nas especialidades tanto de Arte Moderna e Contemporánea coma na de Historia, Xeografía e Arte de Galicia.
Concelleira en Marín dende o ano 2001, exerceu responsabilidades nas áreas de Servizos Sociais, Igualdade, Emprego, Educación e Sanidade ata o ano 2011. Actualmente é voceira do PSdeG no Concello e Secretaria Xeral da Agrupación socialista de Marín.