O Saviñao (Lugo), 1960
Licenciado en Xeografía e Historia, é profesor de Secundaria do CPI Dr. López Suárez do Saviñao, do que chegou a ser director, dende 1987. Foi director da escola-taller Terras do Saviñao entre 1993 e 1996 e dirixe o Ecomuseo de Arxeriz dende 2009.
Foi director provincial do SEPE/INEM de Lugo entre 2004 e 2011 e concelleiro do Saviñao entre 1995 e 2015, ademáis de deputado autonómico. Actualmente, é presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.