A Coruña, 1964
Licenciado en Historia Contemporánea, é tamén técnico en Desenvolvemento Local e en Programación e Animación Sociocultural. Foi fundador e director da Axencia de Desenvolvemento Local e da Rede Municipal de Centros Socioculturais do Concello de Santiago, e na actualidade é o técnico responsable das concellerías de Relacións Veciñais, Participación Cidadá e Mocidade de Santiago.
Ademais, foi secretario xeral e portavoz municipal da Agrupación do PSOE na Baña.