A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamentou hoxe o desinterese da Xunta á hora de subsanar a “irrelevancia” da lingua galega para o Ministerio Fiscal en Galicia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Xustiza na que criticou que o Executivo non teñan actualizados os datos sobre o uso da lingua en Galicia.
Vilán lembrou que a Lei de Normalización Lingüística de 1983 sinala que a Xunta “promoverá a progresiva normalización do uso do galego na Administración de Xustiza”. Sen embargo, apuntou, “o certo é que o uso da nosa lingua na Xustiza é absolutamente residual e non hai datos oficiais actualizados, nin sequera cando este Grupo Parlamentario llelo pide expresamente ao Goberno”.
Apuntou ao cuarto informe do Comité de Expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, que apunta ás carencias no uso do galego no ámbito xudicial.
Por iso instou ás administracións a introducir os cambios lexislativos necesarios para permitir o desenvolvemento de procesos en lingua galega, ao que a Xunta respondeu “simplemente manifestando a toma en consideración das recomendacións”.