O BNG DÁLLE AS COSTAS AO POBO UCRAÍNO
O grupo de deputadas e deputados e o de senadoras e senadores do PSdeG-PSOE nas Cortes Xerais queremos amosar a admiración que sentimos pola coraxe que está a amosar o pobo ucraíno na defensa da liberdade, da democracia e da integridade territorial do seu país diante da guerra provocada por Vladimir Putin.
A valente intervención que tivo o presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, ante o Congreso dos Deputados este martes día 5 de abril reafírmanos aínda máis nesta admiración, e lévanos a reprobar a actitude que mantiveron forzas políticas como o BNG, a través do seu representante no Congreso, que ante una situación tan dramática e contrastada por organismos internacionais e por medios de comunicación independentes siga a manter a equidistancia e unha posición negacionista da traxedia.
Os representantes do PSdeG-PSOE nas Cortes Xerais cremos que a actitude amosada polo deputado do BNG supón unha falta de respecto ás verdadeira vítimas desta situación, que é un pobo ucraíno, e o único que fai é poñer á forza nacionalista galega do lado de grupos antisistema e euroescépticos como é a CUP.
Madrid, 06 de abril de 2022