Lamenta o voto en contra do PP a unha proposta para reclamarlle á Xunta que se reúna co Comité de Empresa e fixe un Plan urxente de accións para garantir a viabilidade da planta e os postos de traballo
A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, acusou hoxe á Xunta de “darlle as cosas” aos traballadores e traballadoras da factoría de Faurecia, que pertence ao grupo Forvia- no polígono e San Cibrao das Viñas. Así o dixo logo de que o PP rexeitara a proposición non de Lei que presentou na Comisión de Emprego do Parlamento para esixirlle ao goberno galego que faga valer as súas competencias e poña en marcha un Plan de actuacións dirixido a manter os postos de traballo na planta.
A responsable socialista lembrou que a Xunta ten amplas competencias en Industria e Emprego, máis que suficientes para poñer en marcha un Plan de actuacións dirixidas a conseguir o mantemento dos postos de traballo da planta.
Urxiu ao goberno galego a manter un encontro co Comité de Empresa de Faurecia para escoitar aos traballadores e traballadoras e fixar a continuación unha estratexia dirixida a garantir a viabilidade da empresa e impedir novos despedimentos. Lembra que hai Ourense conta con máis de 2.000 postos de traballo que dependen directamente do sector da automoción, dos que 300 corresponden só a esta planta, que por iso é “o pulmón industrial de Ourense”.
Advertiu que “non poden deixar a 300 familias desamparadas” e instou ao goberno galego a posicionarse “a favor dos traballadores e traballadoras diante dun incerto futuro” marcado pola data límite do 2027, cando remata o compromiso de estabilidade da empresa.
Explicou que a empresa está a afrontar neste momento a redución de 27 postos de traballo pola falta de carga de traballo, logo de rematar hai dous anos a fabricación dos salpicaderos do Renault Megane, sen opción a un modelo suplente, e a continuación remataron tamén o proxecto M3 e M4. Neste momento están a producir os do Peugeot 2008, pero a liña de produción remata en 2027, cando se enfrontan a un problema grave.
Advertiulle ao PP e ao goberno galego que “aínda están a tempo de salvar ao resto da plantilla e ás súa familias”, así como a Ourense, que “precisa destes postos de emprego industriais”, polo que lles esixiu que “poñan a funda de traballo” e elaboren un Plan de acción en defensa dos postos de traballo do sector da automoción en Ourense.