CARMELA SILVA DENUNCIA QUE RUEDA NON PODE DICIR “NIN UNHA PALABRA” SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO LOGO DE XUSTIFICAR A AGRESIÓN Á EDIL SOCIALISTA EN CANGAS
A presidenta do PSdeG reclama ao candidato do PP que se poña “do lado das mulleres” e que mañá mesmo diga que vai facer dimitir ao concelleiro popular que cometeu a agresión
Critica que estea “confrontando e protestando contra o Goberno de España” e pregúntase “cando se vai a poñer a traballar por Galicia?”
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023. Carmela Silva, presidenta do PSdeG, denunciou hoxe que Alfonso Rueda, presidente da Xunta e candidato do PP, non pode dicir “nin unha palabra” sobre violencia de xénero logo de xustificar a agresión á tenente de alcalde socialista en Cangas, Iria Malvido, por parte dun edil do Partido Popular.
A senadora socialista respondeu a unhas declaracións do representante do PP galego aludindo a que o Goberno de España aínda non executou o compromiso acadado no pacto de investidura entre PSOE e BNG para a creación de novos xulgados de Violencia de Xénero en Galicia.
“En todo caso o señor Rueda que é listo, listísimo, debería saber que os pactos de investidura son pactos para desenvolver durante os catro anos de goberno e que o presidente Pedro Sánchez vai cumprir cada un dos compromisos que adquiriu con Galicia”, sinalou Silva.
En calquera caso, puxo sobre a mesa que “despois do acontecido en Cangas, onde unha muller tenente de alcalde tivo que sufrir a violencia dun concelleiro do PP, e saíu o señor Rueda a defender ao agresor en contra da vítima que foi Iria Malvido, se atreva a falar de violencia machista e reclamar xulgados de Violencia de Xénero e mostrarse tan concienciado pola violencia que sufrimos as mulleres é cando menos indignante”, alegou.
“Nin unha palabra pode dicir sobre todo o que ten que ver coa violencia machista”, engadiu Silva para tamén pedir o cese do concelleiro popular, “cando se vai a poñer (Rueda) do lado das mulleres e vai a dicir claramente que mañá mesmo vai facer dimitir ao señor Gestido, concelleiro de Cangas.
RUEDA NERVIOSO
A socialista remarcou que “o señor Rueda atópase moi nervioso, cada día máis tenso, é comprensible porque o candidato do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, estalle amosando o camiño a seguir para que a Galicia cheguen aqueles proxectos que son fundamentais para o seu desenvolvemento económico, social e nos avances da igualdade”.
“Quero recordar ao señor Rueda que todas as políticas que se fan en materia de loita contra a violencia machista fanse con recursos do Pacto de Estado moitas veces moi mal empregados pola Xunta” apuntou a presidenta dos socialistas galegos.