O delegado do Goberno pon en valor a aprobación da promoción de Sánchez Aguilera, en Ferrol, que permitirá construír 325 vivendas públicas en terreos de Defensa e atender a demanda existente
José Ramón Gómez Besteiro visitou este martes o concellos de Ares, Fene e Neda, como representante do PSdeG-PSOE para supervisar os proxectos desenvolvidos con fondos de recuperación, transformación e resiliencia do goberno e coñecer de primeira man as demandas dos alcaldes e candidatos socialistas destes concellos.
O tamén delegado do goberno de España en Galicia salientou que os proxectos desenvolvidos responden a diferentes realidades, que van dende a dotación de infraestruturas ata os programas de mellora da eficiencia enerxética o rehabilitación, pasando tamén polos investimentos asociados á industria naval da ría de Ferrol, “que vai supoñer unha inxección moi importante de fondos públicos”, dixo, de máis de 4.300 millóns de euros, que se traducirán en carga de traballo para toda unha década.
Besteiro chegou a Ares ao mediodía, onde se entrevistou co alcalde e candidato á reelección, Julio Iglesias, para coñecer da súa man os proxectos executados con fondos de recuperación, e a primeira hora da tarde desprazouse ata Fene, onde foi recibido polo candidato á alcaldía, Joaquín Ayala, diante do Centro de Saúde para denunciar a “demora” na construción do novo dispensario aprobado pola Xunta xa no 2021.
O portavoz socialista de Fene criticou que, transcorrido un ano e medio, o goberno local do BNG aínda non puxera a disposición da Xunta os terreos necesarios para construír o novo centro de saúde. “Pensamos que esta xestión non é axeitada”, incidiu Ayala, mentres que Besteiro subliñou que a posta a disposición da Administración de terreos nos que levantar un centro de saúde “paréceme do mínimo que ten que facer un concello”.
O delegado do Goberno salientou que os traballos de acondicionamento do regato tería que ser executadas pola Administración autonómica, a través de Augas de Galicia, ao tempo que puxo en valor a aposta feita polo executivo central en materia de vivenda, e que hoxe mesmo se traduciu na aprobación da promoción de Sánchez Aguilera, en terreos de Defensa.
“Vai supoñer un impulso á vivenda pública en Ferrol”, apuntou Besteiro, pois permitirá construír 325 vivendas de protección pública, contribuíndo así na “posta a disposición” da Xunta por parte do Estado de novos investimentos e solo nos que desenvolver os programas de vivenda.
Logo de visitar Neda, onde o representante socialista se reuniu co alcalde e candidato á reelección, Ángel Alvariño, e outros membros da agrupación local do PSdeG, Besteiro desprazou ata a localidade coruñesa de Oza-Censuras para intervir na presentación da candidatura socialista liderada por Pilar Pedreira.