O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista fundamentou o rexeitamentos dos orzamentos de Rueda por non ser os que precisa Galicia para medrar
Besteiro criticou o infrafinanciamento aos concellos por parte da Xunta e volveu a defender a financiación singular para Galicia
Non descartou ningunha vía para coñecer a verdade dos contratos a dedo vinculados a altos cargos do PP e o sobrecuste do Cunqueiro
O Grupo Parlamentario Socialista presentará unha enmienda á totalidade aos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2025 porque son “insuficientes e están deseñados para favorecer ás rendas máis altas, sen atender as necesidades da maioría social e sen resposta aos problemas reais de Galicia”. O portavoz socialista, José Ramón Besteiro, subliñou esta mañá en rolda de prensa que estes orzamentos apenas reflicten un incremento do 2,6% correspondente ao IPC: “Non teñen ambición nin capacidade para impulsar o crecemento económico ou mellorar o benestar da cidadania”.
Os socialistas consideran que cualificar estes orzamentos como “históricos” polo seu incremento do 2,6%, equivalente ao IPC, é un engano á cidadanía, xa que só cobre o aumento do custo da vida sen ofrecer melloras substanciais. Besteiro critica que, se a Xunta eliminase as bonificacións fiscais que favorecen ás rendas máis altas, Galicia disporía de 500 millóns de euros adicionais. Este importe permitiría mellorar significativamente áreas cruciais como a vivenda, a sanidade pública e a educación, áreas onde os socialistas denuncian falta de investimento e carencias graves.
Besteiro destacou que estes orzamentos non responden aos retos urxentes en Galicia, como a “emerxencia habitacional,” onde a falta dunha política ambiciosa en vivenda pon en risco a estabilidade de moitas familias galegas. Tamén criticou a Lei de Acompañamento, que inclúe cambios normativos sen debate público e facilita o avance de intereses opacos, ao estilo dunha “lei ómnibus,” un recurso habitual do PP para evitar controis democráticos e transparencia.
Financiamento local
A preguntas dos xornalistas, Besteiro denunciou que a Xunta mantén un modelo de financimiento local inxusto que deixa aos concellos galegos sen recursos suficientes para atender as necesidades dos seus veciños. Apuntou que a estratexia do PP en materia de financiamento local é subxectiva e favorece a certos municipios en función de criterios partidarios, en lugar de aplicar un sistema obxectivo e equitativo.
Como exemplo, Besteiro falou do canon de Sogama xa que dende a Xunta impoñen unha taxa uniforme sobre os residuos que deben pagar todas as persoas, independentemente do seu nivel de ingresos ou patrimonio. Para o PSdeG, esta taxa -que vén da Unión Europea debido a unha mala praxis na xestión dos resíduos- é un exemplo máis da falta de compromiso social do goberno autonómico, que non adapta as súas políticas ás condicións económicas dos galegos, prexudicando especialmente aos que menos teñen.
Por iso, sinalou, “entendo e comparto as críticas dos Concellos, que en moitos casos deben facer importantes esforzos económicos para atender competencias que non lle corresponden, sin ter a financiación adicional que debería darlle a Xunta”.
Defensa dunha financiación singular e soilidaria
En canto ao financiamento autonómico, insistiu na posición clara do PSdeG: Galicia precisa unha financiación singular que teña en conta as súas características específicas, como o avellentamento, a dispersión e o despoboamento, factores que aumentan o custo dos servizos públicos na comunidade. “Esta reivindicación non é nova, sempre defendimos unha financiación adaptada ás singularidades de Galicia e baseada no principio de solidariedade”, dixo o voceiro do Grupo Parlamentario..
Neste contexto, destacou que o recente acordo alcanzado en Catalunya non se trata dun concerto económico, senón dun sistema singular que introduce mecanismos de solidaridade. Porque, subliñou, “ao contrario do concerto vasco, este acordo non establece un cupo e está deseñado para ter en conta as necesidades específicas sen comprometer a solidaridade interterritorial”. Para Besteiro, Galicia precisa un modelo similar, que respecte a singularidade galega e que poña a disposición os recursos necesarios para cubrir as necesidades da comunidade.
Comisión de Investigación: “Exploraremos todas as vías”
O líder socialista tamén se pronunciou sobre a Comisión de Investigación en marcha sobre o hospital Álvaro Cunqueiro e os contratos asinados pola Xunta durante a pandemia. Besteiro denunciou que o PP está bloqueando activamente a comisión dende o primeiro momento, impedindo a comparecencia de figuras clave, incluído o ex-presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Para o PSdeG, esta obstrución revela que o PP busca ocultar posibles responsabilidades de Feijóo e evitar “luz e taquígrafos” sobre a xestión dos recursos públicos.
Besteiro sinala que os socialistas chegarán ata o final para coñecer a verdade, e advirte que, no caso de que o PP logre diluír a eficacia da comisión, o PSdeG buscará outras vías para garantir transparencia e responsabilidade. Lembra que, en comunidades como Andalucía, a Fiscalía xa está investigando contratos asignados durante a pandemia, e subliña que o PSdeG explorará tamén todas as vías legais posibles para garantir que as actuacións da Xunta sexan investigadas a fondo.