O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, estará o venres 26 de xuño en Lugo, Vigo e Redondela.
Iniciará a xornada visitando Lugo coa alcaldesa, Lara Méndez, e á tarde recibe a visita do ministro de Cultura e Deporte, Jose Manuel Rodríguez Uribes, con quen visitará Vigo acompañados polo alcalde da cidad, Abel Caballero, e despois acudirán a un mitin en Redondela.