O candidato á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, estará en Monforte co alcalde e presidente da Deputación, José Tomé, e despois nun encontro en Vigo co ministro Salvador Illa, e nunha xuntanza sectorial de agricultura en Silleda co ministro Luis Planas. Pola tarde visitará A Coruña de novo co ministro Salvador Illa, e pechará a xornada nun mitin en Verín.