Santiago, 7 de marzo de 2018. As e os socialistas estarán mañá, xoves 8 de Marzo, nas concentracións que terán lugar nas distintas cidades e vilas galegas con motivo do Día da Muller.
Así, por exemplo, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistirá á fixada na cidade de Vigo; mentres que o resto de integrantes da Comisión Executiva Nacional Galega e os cargos públicos acudirán ás dos seus respectivos municipios.
A maiores, tamén con motivo do Día da Muller, Gonzalo Caballero participará en Pontevedra no acto de homenaxe á histórica militante socialista Margarita Feijóo.