A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, presentou hoxe unha proposición non de Lei en Comisión para transformar a “ilusión óptica” das escolas infantís en polígonos industrias “nunha realidade”. A proposta, que foi vetada polo PP, consistía na creación dun plan de escolas infantís en polígonos industriais, parques empresariais e na proximidade ás grandes empresas para “axudar” aos país e nais coa educación e “mellorar a conciliación laboral”.
A representante socialista expuxo un problema que se repite ano a ano, pois “só hai prazas para o 38,5 por cento dos nenos e nenas de entre os 0 e 3 anos”, e a cifra aínda é “mais grave” se miramos as prazas públicas pois “mais da metade das prazas ofertadas son concertadas é so o 16,7 por cento teñen prazas de xestión pública”. O resultado destas políticas e que nas listaxes provisionais de 172 escolas da Galiña Azul, quedaron fora case 4.000 menores.
Explicou que o problema “xa ven de tempo atrás, e non fixo mais que empeorar” nestes 9 anos de goberno de Feijóo, pois hoxe hai menos solicitudes que na etapa do goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, “esa etapa –ironizou- na que se comían nenos e nenas”, e o número de familias en lista de espera e maior.
A responsable socialista pediulle a Xunta que cumpran e creen unhas escolas que “so están nos titulares do señor Feijóo e do señor Rey Varela”, ex conselleiro de Política Social, pois a pesares de que estas escolas foron a gran promesa electoral de Feijoo, a política está a ser un “fiasco” ao só seren capaces de executar un 21,4 por cento do total. A solución da Xunta a este problema foi recortar nun 55 por cento a partida, en lugar de invertelos eficientemente.
A deputada socialista defendeu unha proposta, que tiña como obxectivo, que Galicia alcance no 2020 a ratio defendida pola UE na “planificación de política cara as familias” e que incorporaría condicións de accesibilidade universal, sendo debidamente planificadas no territorio e axeitadas ao número da poboación e a súa idade.